Skip to main content
Trabada

Rematados os traballos dos vestiarios do pavillón polideportivo trabadense de Sante

Por 13 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Trabada anuncia a finalización dos traballos de mellora nas instalacións do pavillón polideportivo de Sante. O proxecto permitiu acondicionar novos vestiarios nas instalacións, para lograr un maior aproveitamento do pavillón, así como substituír a porta principal por unha de maiores dimensións. 

Dende o Goberno local deuse prioridade a esta actuación, moi necesaria para a parroquia de Sante. Ademais, no pavillón de Sante realizáronse anteriormente outros traballos, como a substitución da cuberta ou o cambio das luminarias. 

Estes traballos no pavillón de Sante súmanse a outros traballos de mellora dos equipamentos deportivos do municipio. Entre esas obras, inclúense a mellora e equipamento do ximnasio municipal e os vestiarios do pavillón de Trabada, a construción da pista de pádel municipal ou as obras de instalación dunha pista multideporte no CEIP Plurilingüe Celso Currás. 

“Dende o Goberno local marcámonos como obxectivo ampliar e mellorar os equipamentos deportivos do municipio. Esta infraestrutura renovada súmase a outros equipamentos novos ou reformados, que amplían as opcións deportivas de Trabada”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.