Skip to main content
O Valadouro

O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro

Por 3 Xaneiro, 2023Xaneiro 4th, 2023Sin comentarios

O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro, ás 19.00 horas sae a comitiva oficial desde o local social do Parque concepción Arenal cara o Belén Vivinte situado na casa da cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, avenida de Viveiro…

Os nenos e nenas do Valadouro cantarán unhas panxoliñas e realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte. Despois da recepción oficial, farase entrega da chave do Concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade.

Ao rematar, poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón. Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscons.

Nesta actividade colabora A.C. Amado Lar O Valadouro.