Skip to main content
O Valadouro

Xa se coñecen os gañadores do Concurso de balcóns, ventás, fachadas e escaparates de Nadal do Valadouro

Por 16 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Xa se coñecen aos gañadores do Concurso de balcóns, ventás, fachadas e escaparates de Nadal do Concello do Valadouro e que foi  organizado co obxecto de contribuír ó ambiente destas datas.

Así, na modalidade de escaparates o primeiro premio de 300 euros foi para Pescadería Valadouro, o segundo de 250 euros Confitería Méndez, o terceiro de 200 euros para Os Enredos de Irene, o cuarto de 150 euros para O Colorado e o quinto de 100 euros para A Tenda de Rouco.

Xa está publicada na Sede Electrónica do Concello do Valadouro ou nesta ligazón https://cutt.ly/x2ZneSE a Acta do Concurso Ilumina o Nadal tanto na modalidade de Escaparates como como en Balcóns, fachadas e ventás.

Na modalidade de Balcóns, Ventás e fachadas, os agasallados foron Beatriz R. P. co primeiro premio de 300 euros, Giovanna R. B. levou o segundo de 250 euros, Rubén R. T. o terceiro de 200 euros, Martín G. G. o cuarto de 150 euros e Alberto D. P  o quinto de 100 euros.

Este premios consisten en premios económicos de vales nominativos para investir nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos antes do 31 de marzo de 2023.