Skip to main content
Vegadeo

Vegadeo súmase un ano máis á campaña de compostaxe doméstica

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Vegadeo súmase un ano máis á campaña sobre compostaxe doméstica no que convidan a todos os veciños a comezar con está boa e medioambiental iniciativa.

Os participantes recibirán un colector de compostaxe, a formación necesaria para manexar e facer un compost de calidade, unha guía de consulta e ademais poderán asesorarse co servizo de Educación Ambiental de Cogersa.

Para participar haberá que ter un horto ou xardín na vivenda habitual ou preto dela, comprometerser a usar a compostadora de manera cotiá, asistir a xornada formativa e a sesión de reforozo que se fará no outono.

O formulario de inscrición e o folleto con toda a información xa están dispoñibles e as inscricións están abertas ata o 28 de febreiro no Concello de Vegadeo. Para máis información poderase chamar ao teléfono 900 141 414 ou consultar na web www.compostacogersa.es.