Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

A AC Riobarba organiza o día 21 a Festa do Patrón

Por 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Riobarba organiza para o vindeiro venres 21 de xaneiro a festa do patrón, San Pablo Riobarba.

Esta cita lúdica comezará coa misa ás 13.00 horas e despois haberá vermú amenizado polo grupo Meritxell, seguido duns pinchos de lacón e empanada.

Xa pola noite seguirá a festa co grupo Zafiro e haberá un sorteo de dúas cestas de agasallo.