Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo acollerá unha charla sobre Certificado dixital e trámites

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A subdelegación do Goberno está organizando unhas charlas por toda a provincia chamadas ‘A Administración cerca de ti’.

Nestas charlas informan da posibilidade e a forma de realizar trámites xerais sen ter que desprazarse e dos servizos que prestan as delegacións e subdelegacións.

Ademais, os asistentes van ter a posibilidade de sacar nese mesmo día, axudados polo personal que imparte a charla, o certificado dixital ou a Clave permanente, co que poderán facer trámites desde o móbil ou ordenador.

A charla será este xoves 12 de xaneiro ás 11.30 horas na casa da cultura do Vicedo.