Skip to main content
O Vicedo

O Fuciño do Porco seguirá pechado ata novo aviso

Por 22 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Fuciño do Porco seguirá pechado ata novo aviso xa que as chuvias desta semana agravaron o deterioro que sofre o acceso ao enclave natural.

“Debido aos danos xerados polos continuos temporais das últimas semanas, O Fuciño do Porco permanecerá pechado de forma indefinida ata reparar os danos ocasionados nas primeiras escaleiras de acceso”, dixeron dende o Concello.

A Autoridade Portuaria Ferrol-S.Cibrao, a entidade con competencia na zona afectada, vai elaborar un proxecto de reparación que garanta a seguridade do paso. Así, enviarán técnicos ao lugar para evaluar e analizar as zonas afectadas.

En canto quede aberto de novo o paso informarase para poder visitar e desfrutar de novo deste enclave natural.