Skip to main content
Viveiro

Viaqua fixo entrega dun lote de xoguetes ao Concello de Viveiro

Por 6 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Como é xa tradición no Nadal, a empresa concesionaria do servizo de auga municipal, Viaqua, fixo entrega dun lote de xoguetes ao Concello de Viveiro.

Á recepción dos agasallos asistiron, ademais de representantes da empresa na vila, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e persoal dos Servizos Sociais do concello.

Os xoguetes doados por Viaqua serán entregados aos nenos e nenas de ata 12 anos que forman parte dos diferentes programas de atención que se levan a cabo ao longo do ano dende os Servizos Sociais do Concello de Viveiro e que atenden as necesidades económicas, de educación, lecer e dan apoio psicopedagóxico ás familias.

“Dende o Concello de Viveiro non podemos estar máis agradecidos a Viaqua por doar estes xoguetes un ano máis, e por manter unha colaboración que fala do compromiso desta empresa coa veciñanza da nosa vila nunha época do ano tan especial para todos, pero en especial, sen dúbida, para os máis pequenos”, subliñou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.