Skip to main content
Viveiro

Tras o incidente do Pleno, Por Viveiro di que “sube a tarifa da auga e as forzas políticas están preocupadas polos fallos técnicos”

Por 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Na sesión plenaria do Concello de Viveiro do pasado martes detectáronse problemas de conexión, que impedían a comunicación entre os concelleiros presentes e os que participaban telematicamente. Polo que decisiuse suspender a sesión para solventar as incidencias de conexión, pospoñendo a súa celebración.

Tras este incidente Por Viveiro dixo que “é triste, sube a tarifa da auga un 8,9% e as forzas políticas de Viveiro están preocupadas polos fallos técnicos da retransmisión do Pleno.”

“Esta cuestión non debería solapar o tema importante de debate do día: a tarifa da auga para aos veciños de Viveiro vai subir un 8,9%, ligada ao IPC que establece o contrato vixente”, din desde o grupo político.

No ano 2003, Viveiro aprobou por unanimidade unha concesión de 15 anos para o servizo de saneamento e abastecemento de auga no  Concello

“No ano 2008, o PSOE de Viveiro aprobou en solitario unha prórroga do contrato por 15 anos máis, a cambio de obras valoradas en 960.000€ e 180.000€ para o Concello. Foi pan para hoxe e fame para mañá. E dicir, temos contrato ata 2033, unha verdadeira hipoteca a 30 anos”, engaden.

“O contrato é claro, a subida vai ligada ao IPC, e o incremento nesta anualidade é desproporcionado. O contrato é de obrigado cumprimento, polo que Viveiro ten as mans atadas ata o 2033 e por moito que calquera forza política local vote en contra de cara á galería, non vai servir para nada”, din dende Por Viveiro.