Skip to main content
Xove

A veciñanza de Xove desfrutou do Concurso de Karaoke

Por 3 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Dentro do Programa de Nadal do Concello de Xove para o 2022 e 2023, a veciñanza desfrutou dun dos seus pratos fortes, o Concurso de Karaoke.

O Concello impulsa esta actividade, que chegou a súa décima edición o venres 30 de decembro no pavillón municipal de deportes.

Así, os gañadores na categoría Peques foi Noa Villora coa canción ‘Las doce’; o dúo formado por Eva Cancela e María Posada con ‘Mariposas’; e Anais Romero con ‘Libre Soy’.

En Júnior os galardonados foron Xenxo Salgueiro con ‘El Rompeolas’ e Carla Esperanza Míguez con ‘Depredador’. Na categoría Veteranos, Laura Míguez con ‘Tanto cielo perdido’; Mónica Díaz con ‘Si tú no estás’, e María del Carmen Fanego con ‘Solo te pido’.