Skip to main content
Xove

Xove pon en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido

Por 18 Xaneiro, 2023Xaneiro 19th, 2023Sin comentarios

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove,  pon en marcha unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destes premios calquer neno ou rapaz  empadroado no Concello de Xove en idade escolar desde preescolar ata 4º de ESO. 

A documentación a presentar é a  ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar, na Biblioteca Municipal, con data límite 10 de febreiro de 2023.

Segundo a idade, haberá cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concederanse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro. Os premios deste concurso consisten en material escolar por valor de 35 € cada premio.

Os gañadores deste concurso daranse a coñecer o sábado 18 de febreiro durante o baile de disfraces posterior ao Gran Desfile de Entroido.