Skip to main content
Xove

Aprobado definitivamente o orzamento do Concello de Xove para este ano

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Aprobouse definitivamente o orzamento municipal do Concello de Xove e que ascenden a un total de 7.740.000 euros, 1.2 millóns de euros menos que no exercizo anterior, derivado principalmente da situación de Alcoa.

No capítulo de gastos, o Concello reparte nas operacións corrente 3.317.199,60 millóns para gastos de persoal, 3.195.830,40 millóns son para bens corrientes e diferentes servizos e 527.500 euros para transferencias e gastos financieiros dos que 65.000 son para axudas do plan de emprego municipal, 59.000 para subvencións ao estudo e o resto son axudas para diferentes asociacións culturais e deportivas.

Dentro destes orzamentos destaca o capítulo de investimentos reais aos que se destinan 699.470 euros. “O orzamento baixou respecto ao ano pasado, pero aínda non moito derivado da situación de Alcoa”, explicou o alcalde.

Na partida de inversións, 50.000 euros son para a mellora da rede de abastecemento , 215.000 do Plan Único e arredor duns 400.000 euros destínanse para a mellora da rede viaria.

De novo Xove é un dos primeiros concellos da comarca en ter listo o orzamento e estes case que sete millóns de euros permitirán seguir financiando a entidades e clubs, ademais de apoiar a parte social, con subvencións de axuda ao estudo e ao emprego local.