Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

Touriñán chega este sábado a Burela con ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’

Por 3 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O coñecido actor galego Xosé Antonio Touriñán chega este sábado, 7 de xaneiro, a Burela con Recortes, caneos e outras formas de driblar. Será ás 18.00 horas na casa da cultura.

Trátase dunha montaxe teatral que recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o mundo futbolístico. Logo do éxito de “Fariña, o espectáculo teatral” Nacho Carretero Pou volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé Antonio Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Interpretado por Xosé Antonio Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta “Recortes, caneos e outras formas de driblar” é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que “é un luxo que todos os espectáculos de Touriñán desde hai 7 anos estean a pasar por Burela”.