Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Os Reis Magos percorrerán varias instalacións de Quiroga

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os Reis Magos visitarán diferentes instalacións de Quiroga para despois levar a cabo a tradicional cabalgata ata chegar ao Auditorio Municipal, onde escoitarán as peticións de todos os nenos e nenas no Auditorio Municipal.

No programa desta visita está previsto achegarse ata o poboado do Toucedo, ao Centro de Día da Ribeira, á casa consistorial e á Residencia da Terceira Idade.

Este ano ten un ton máis solidario que o doutros anos, xa que dúas das paradas que realizarán os Reis Magos serán, unha para entregarlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e a outra para darlle agasallos aos nenos e nenas que por mor da guerra de Ucraína tiveron que acollerse en Quiroga.

Ás sete e media da tarde está previsto que comece o desfile da comitiva coas Súas Maxestades ao longo da rúa Real dende a Casa da Cultura ata o Auditorio Municipal. E para rematar todos os nenos e nenas que o desexen estarán convidados a chocolate con churros.