Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Alfoz acolle un ano máis a gala benéfica a favor de AECC

Por 16 Xaneiro, 2023Xaneiro 17th, 2023Sin comentarios

O sábado 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro, celebrarase na Finca Galea de Alfoz unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc).

O evento, nos se puido realizar nos últimos dous anos debido á pandemia coa covid-19, é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización indican que, como sempre, existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir da próxima semana.

Ademais, tamén poderán colaborar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización.

Os beneficios obtidos, que na última edición ascenderon a 12.571 €, serán entregados á Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro.