Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

O Spórting Pontenova prepara unha cea-baile

Por 14 Xaneiro, 2023Xaneiro 15th, 2023Sin comentarios

O Spórting Pontenova organiza unha cea-baile o venres 20 de xaneiro ás 22.30 horas no local das sociedades. A festa comezará un pouco antes cunha sesión vermú ás 21.30 horas.

Despois será a cea que constará dun menú para adultos con empanada de lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café; e un menú infantil con tortilla, pizza, embutidos, tenreira guisada e sobremesa infantil.

Tamén haberá música para amenizar a xornada a cargo de Dúo Estrellas.

Para reservar hai que mercar os vales no Lar de Balbina e teñen un prezo de 15 euros infantil e 23 adulto antes do mércores 18 á noite.