Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Os veciños de Carballido, en Alfoz, celebrarán a súa festa en honra a San Sebastián

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Carballido, no Concello de Alfoz, celebrarán a súa festa en honra a San Sebastián na que non faltarán as actuacións musicais e os actos relixiosos.

Así, o sábado 14 de xaneiro, ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión e posterior sesión vermú co Dúo Belinda. Durante a sesión haberá degustación de tapas de callos.

Pola noite Extraordinarios Team animarán a verbena acompañados da discoteca móbil Conxuro e Marcos Peón.

Na xornada do domingo 15, celebrarase a misa solemne con procesión ás 13.00 horas e posteriormente será a sesión vermú animada polo Dúo Belinda. Durante a sesión repartiranse tapas de callos.