Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Coureleando organiza unha ruta por fervenzas da Ribeira Sacra

Por 19 Xaneiro, 2023Xaneiro 20th, 2023Sin comentarios

Coureleando organiza unha ruta polas fervenzas do Xeoparque das montañas do Courel para este sábado, 21 de xaneiro.

En concreto, visitaranse de Quiroga a Fervenza do Pombar e a da Pedriña, que están recén adaptadas, e a Fervenza do Zócaro, da Petada e de Vieiros. Xa de Ribeira Sacra visitarán as Aldonzas de Ferramulín e a Fervenza de Castromao.

Por agora hai catro persoas apuntadas, pero hai praza ata para 15, que terán que pagar 15 euros para desfrutar da visita guiada polas fervenzas a cargo do técnico deportivo de media montaña e guía Guillermo Díaz Aira, quen ten 10 anos de experiencia nestas actividades.

Como se preve que estes días siga chovendo, desde Coureleando indican aos participantes que leven calzado de montaña adaptado ao terreo, que estará cheo de barro, así como bastóns, roupa abrigada e con posibilidade de mancharse.

Os asistentes terán que levar o seu coche ou compartilo con alguén que participe da ruta porque o camiño entre as rutas farase en coche, e tamén terán que traer comida e bebida para xantar de campo.

A hora de quedada para comezar a ruta é ás 9.30 horas diante do albergue de Quiroga.