Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A Subela de Foz organiza o XIII festival infantil este sábado

Por 25 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O asociación de baile e música A Subela de Foz organiza de novo o seu festival infantil para o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 17.30 horas e que este ano chega a súa décimo terceira edición.

Así, ás 17.30 horas na sala Bahía de Foz celebrarán o XIII Festival Infantil no cal renderán homenaxe á figura da pescantina. Ademais, terán o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso.

A entrada é de balde sempre e cando se leve unha doazón non perecedeira para o Banco de Alimentos de Foz. Dende a organización comunicaron que haberá biscoito e chocolate.