Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Asociación Xustiza e Diversidade e a UNED firman un convenio

Por 13 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A UNED de Lugo asinou un convenio coa Asociación Xustiza e Diversidade, mediante o cal, o centro universitario cederá espazo á Asociación para a celebración de charlas e conferencias sobre defensa dos dereitos humanos das persoas con diversidade funcional e de quen lles asisten.

Unhas charlas e conferencias que estarán abertas a toda a poboación e que ofrecerán validación de créditos ECTS aos alumnos asistentes que o precisen. Así como tamén, estarán abertas a toda a cidadanía as diferentes campañas, exposicións ou eventos de interese que celebre a Asociación no centro da UNED Lugo.

A UNED, que ten como universidade uns propósitos claramente sociais, está totalmente comprometida cos dereitos das persoas con diversidade funcional. De feito, na UNED estuda o 40% do total do alumnado universitario con diversidade funcional.