Skip to main content
Baleira

O Concello de Baleira convoca unha concentración silenciosa

Por 21 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Baleira convoca unha concentración silenciosa para o sábado 21 ás 12.00 diante do Concello do Cádavo en repulsa polo abusos sexuais e a violencia sufrida por unha menor da localidade.

Dous homes e unha muller foron condenados a tres anos de prisión polos abusos durante máis de seis anos a unha menor do municipio.

Os acusados recoñeceron os feitos ante a Audiencia Provincial de Lugo e aceptaron os tres anos de prisión dunha causa que levaba paralizada dende 2016.