Skip to main content
Becerreá

A asociación Rente ao Couce organiza un club de lectura

Por 23 Xaneiro, 2023Xaneiro 24th, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Rente ao Couce organiza unha nova actividade mensual que terá lugar os venres e será un club de lectura.

O inicio desta actividade será o próximo venres 27 de xaneiro ás 18.30 no bar Centro Becerreá.

Nesta ocasión o club de lectura contará coa presenza de Toño Núñez nunha sesión de contacontos para nenos e nenas.

Ademais haberá acompañamento musical de José Manuel do Castro.

Cada mes será un autor e un bar diferente.