Skip to main content
Castroverde

O PP de Castroverde lamenta que a Torre da Fortaleza aínda non sexa propiedade municipal

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Castroverde critica que “o Concello segue sen conseguir a propiedade da Torre da Fortaleza, que é o gran emblema do patrimonio histórico de Castroverde”. O portavoz popular, Rubén Otero, di que “o alcalde, José María Arias, ou non pode ou non quere cumprir o compromiso que adquiriu no seu día para xestionar a adquisición da torre para o patrimonio municipal”.

Otero sinala que “O monumento segue a deteriorarse mes a mes e o alcalde non fai nada práctico para facerse con el para o Concello e tomar as medidas adecuadas para, como primeiro paso, asegurar a súa consolidación”. Os populares indican que “se as negociacións cos propietarios non dan resultado a moi curto prazo, o Concello debe explorar outras vías para facerse con esta peza de patrimonio histórico do municipio”.

Hai un ano, Otero destacaba que “era preciso aproveitar os fondos europeos para poñer en valor tan emblemática construción”. “A día de hoxe, nin a torre é municipal nin, polo tanto, hai posibilidade de aproveitar os fondos europeos para consolidala”