Skip to main content
Castroverde

A deputada Carme Aira visita unha explotación en ecolóxico de Castroverde

Por 13 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A deputada e portavoz de Desenvolvemento rural no Parlamento galego do BNG, Carme Aira, visitou unha explotación ecolóxica de vacún de carne no lugar de Vilarín de Montecubeiro, Castroverde, para comprobar de primeira man o estado das explotacións tras o rexeite das axudas a este tipo de produción por parte Xunta de Galiza.

A deputada estivo acompañada xunto coa vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, a concelleira do BNG en Castroverde, Iria Castro, e membros do BNG na localidade.

Máis do 50% dos produtores e produtoras foron exluídas pola falta de previsión orzamentaria da Consellería de Medio Rural, a que só destinou 3,18 M€ cando se precisaban 5,6 M€. Por isto, o BNG defende o pago de todas as axudas, que cumpran os requisito,s con fondos propios da Xunta.

A deputada Carme Aira sinalou que estas axudas son fundamentais “incentivar as incorporacións e o mantemento deste sistema produtivo, xa que son quen levan a cabo prácticas medioambientais que preservan a nosa natureza e cumpren os requisitos de loita contra o cambio climático e o mantemento da biodiversidade” no que subliñou “prácticas que cumpren as expectativas de Europa”

Polo que Carme Aira salientou “é incomprensíbel que o Goberno do Partido Popular na Xunta dea as costas a este modelo, o que está a contribuír a mellorar o noso sistema, ademais de manter ordenado o territorio e protexido contra os lumes, e ademais de impulsar a actividade agropecuaria, que é a base do mantemento do territorio”

Ante isto, a deputada reiterou a mala xestión da Consellería respecto a este modelo produtivo “Galiza está á cola en inversións no modelo ecolóxico, cando o pacto verde europeo ten como obxectivo lograr o 25% da superficie agraria útil para o ano 2030, e neste momento contamos só co 5%”.