Skip to main content
Axenda CaducadaCervantes

Piornedo Anda organiza unha nova ruta este domingo

Por 27 Xaneiro, 2023Febreiro 6th, 2023Sin comentarios

Piornedo Anda continúa coa súa programación de rutas de carácter etnográfico polos ancares e realiza unha nova proposta para este domingo.

O colectivo recorrerá a Ruta da Prinda e os participantes terán a saída ás 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, onde dará comezo o percorrido que será dunhas tres horas de duración.

As persoas interesadas en participar na actividade poden reservar praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 o 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de 5 euros por persoas e desde Piornedo Anda recomendan o uso de pantalón largo e botas.