Skip to main content
A Fonsagrada

A Feira do Butelo da Fonsagrada xa ten aberto o prazo para solicitar un posto

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Feira do Butelo da Fonsagrada é unha das citas gastronómicas máis asentadas na comarca que xa ten datas para a celebración da edición de 2023. A Feira do Butelo que tará lugar os vindeiros 11 e 12 de febreiro na que será a 26 edición.

Esta feira celébrase unha vez ao ano, habitualmente, a fin de semana anterior ao fin de semana do Entroido.

Desde a súa orixe a Feira do Butelo consolidouse como un referente no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo ao Entroido, podendo os visitantes aproveitar para adquirir produtos típicos para estas datas.

O Concello xa ten aberto o período de recepción de solicitudes para optar a un posto na feira. Este prazo estará aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro.

As solicitudes realizarase exclusivamente a través do seguinte formulario na páxina web do Concello da Fonsagrada.