Skip to main content
Lugo

O CB Breogán dedica o encontro de mañá á difusión da labor de Aliad Ultreia

Por 6 Xaneiro, 2023Xaneiro 7th, 2023Sin comentarios

O CB Breogán dedicará o encontro de mañá sábado ante o Obradoiro a visibilizar a labor da asociación lucense Aliad Ultreia.

No marco desta iniciativa, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o club celeste empregará os seus perfís en redes sociais para difundir os servizos e programas que desenvolve a entidade,  centrada en tres eidos: a atención a persoas con trastornos aditivos, a atención a poboación reclusa e ex-reclusa e a atención a vítimas de  violencias machistas, especialmente de trata e explotación sexual.

Na presentación, a presidenta de Aliad Ultreia e educadora social María  Barba agradeceu “a oportunidade que este tipo de accións supoñen para  promover o avance social e avanzar na garantia de dereitos para as persoas en situación de vulnerabilidade en calquera destes ámbitos”.

O deputado de Deportes Efrén Castro e o director xeral do CB Breogán  Tito Díaz coincidiron en salientar “a dimensión social que este tipo de accións lle dan ao deporte”, lembrando que a colaboración entre a  Vicepresidencia e o club “pretende ser,  a través de accións coma estas, unha ferramenta útil para toda a sociedade”.

Ademais da participación en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais coma este caso, o contrato de patrocinio entre a área de Deportes e o CB Breogán prevé diferentes accións do fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a clubs e centros educativos e a promoción de recursos e espazos  culturais, patrimoniais e ambientais das diferentes comarcas.