Skip to main content
Lugo

O PP pide o arranxo dunha fuga de augas fecais en Pías

Por 9 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular sinala que “os veciños de Pías seguen a lamentar un vertido de augas fecais que se produce cada pouco tempo na parroquia, na LU-P-3907 que une esta parroquia co Polígono de O Ceao, unha vertedura de augas sucias que, en ocasións, entran en vivendas e fincas particulares nas que pastan animais, chegando no peor dos casos a contaminar o Rego do Piñeiro, regato que atravesa a parroquia”.

Os concelleiros populares sinalan que “esta situación prodúcese debido a que se dana a bomba que hai para bombear as augas fecais, polo que se estancan e acaban por saír á estrada. No exterior percorren as cunetas, entrando en vivendas e fincas particulares, ata chegar ao regato da parroquia”.

Ante esta situación de “evidente risco sanitario” os populares piden que “se realicen os traballos necesarios para dar unha solución a este problema que se repite en Pías periodicamente, tendo o penúltimo episodio hai menos dun mes”.