Skip to main content
Lugo

O PP volve denunciar a tardanza na resolución de licenzas

Por 12 Xaneiro, 2023Xaneiro 13th, 2023Sin comentarios

O Partido Popular denuncia que “a resolución de peticións de licenza no Concello de Lugo segue a ser un dos grandes lastres para a economía municipal xa que durante todo o 2022 a espera media para resolver unha solicitude foi de 509 días, un dato moito máis elevado que en 2021, cando a espera media situarase en 465 días”.

Para Antonio Ameijide estamos ante “datos moi preocupantes” xa que falamos de que “tan só unha de cada dez peticións resolvéronse no prazo legal de 3 meses ou o que é o mesmo 21 das 186 peticións resoltas en todo 2022 foron dentro do prazo legal establecido de 90 días. Analizando os datos por zonas, no ámbito urbano tan so 18 licenzas (de 108) resolvéronse en prazo, mentres que na zona rural foron 3 en prazo (de 78)”.

“En 2021 resolvéronse 265 peticións, mentres que en todo 2022 o dato baixou ata 186 expedientes” segundo recorda o popular que tamén declara que “toda a información extráese das actas das xunta de goberno local, polo que dende o goberno local non se poden negar estes datos, salvo que nas actas oficiais falten á verdade”.

“Durante o 2022, os lucenses que pediron permiso para construír, rehabilitar ou facer obras de conservación ou reforma dunha vivenda no municipio tiveron que esperar 509 días de media para ver como se resolvía a súa petición. Na zona urbana a espera media foi de 428 días, mentres que na zona rural a espera media foi de 590 días. Uns datos que empeoraron notablemente aos do 2021” informan dende o Partido Popular.

Antonio Ameijide tamén pon o foco sobre outro dato clave na resolución das licenzas: a data do primeiro informe. Recorda de novo que “hai que resolver as peticións en 3 meses, pero no Concello de Lugo a media para obter o primeiro informe sitúase nos 274.61 días (9 meses)”.

Uns datos ante os que o concelleiro popular asegura que “é inadmisible que tras oito concelleiros de urbanismo; despois de nomear a un coordinador para a área de Urbanismo e despois de designar a un novo xefe de servizo Lugo sexa unha liña vermella para moitos emprendedores que optan por localizacións próximas ao municipio para asentar as súas empresas”.