Skip to main content
Lugo

O Lugar de Reque acolle unha xornada de poda de vimbio

Por 13 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Lugar de Reque acollerá o vindeiro domingo unha xornada de poda de vimbio aberta a todo o público que se extenderá de 10.00 a 19.00 horas.

Trátase dunha xornada dirixida pola cesteira Idoia Cuesta centrada nos requerimentos da poda, o manexo e conservación das varas para o seu uso posterior, as características específicas de cada variedade e as súas posibles aplicacións.

O obradoiro diríxise a profesionais e afeccionados á cestería, entidades, asociacións e agrupacións educativas e culturais, particulares e público en xeral, incluindo crianzas acompañadas. Para poder participar é preciso traer tesoira de poda e corda para o atado dos feixes.

Quen o precise poderá aproveitar a xornada para facerse de xeito gratuíto co vimbio qe resulte da poda,  obtendo así material para a elaboración das súas cestas, cabazos, sebes, aplicacións artísticas  ou mesmo plantar directamente nas súas fincas.

As persoas interesadas en participar deben enviar a solicitude ao enderezo lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome, DNI, teléfono e breve
descrición perfil profesional ou persoal.