Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A librería Trama acolle a presentación dun libro sobre a oceanógrafa Ángeles Alvariño

Por 17 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A libreria Trama acolle mañá mércores 18 de decembro a presentación do libro Ángeles Alvariño, Mi estela en los oceanos do autor Germán Castro.  A presentación dará comezo as 19.00.

Germán Castro, director da revista Análise e presindente do Club de Prensa de Ferrol crea este libro co fin de rescatar e divulgar os méritos desta oceanógrafa ferrolá.

Xosé Rubia Barcia, profesor da Universidade de California, fixo chegar a Germán Castro a información sobre a eminente científica Ángeles Alvariño, ata entón case descoñecida en España, coa que o autor mantivo unha relación epistolar que duraría nove anos (novembro de 1990 a decembro de 1999).

A través desas cartas, descubrimos a investigadora e científica, seguimos os seus estudos e investigacións, comprobando que tiña unha grande preocupación pola evolución da cidade de Ferrol.

Na presentación lucense, o autor estará acompañado pola radiofonista ferrolá Julia Díaz Sixto e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.