Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Vello Cárcere acolle a presentación do catálogo ‘Fuxan os Ventos, 50 anos de historia’

Por 19 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Vello Cárcere acolle mañá a presentación do catálogo da exposición de Fuxan os ventos, 50 anos de historia. O acto terá lugar na sala do auditorio ás 12.00.

Este catálogo editado polo Consello da Cultura Galega preséntase coincidindo co peche da exposición. Neste, ademais dalgún traballo de análise e investigación, faise un percorrido polos elementos máis significativos da exposición.

A exposición poderase visitar ata o 22 de xaneiro, esta mostra nace da necesidade de celebrar os 50 anos de historia do grupo lugués Fuxan os Ventos e tamén da necesidade de por en valor o seu percorrido musical.