Skip to main content
Lugo

Lugo será unha das cidades que contará con aparcadoiro seguro para bicicletas na estación de tren

Por 19 Xaneiro, 2023Xaneiro 20th, 2023Sin comentarios

Adif avanzan na súa estratexia de mobilidade sostible en estacións ás que dotarán de aparcadoiros seguros para bicicletas, co fin de promover a integración de modelos de transporte limpos, e impulsando o seu uso en desprazamentos de primeira e última milla. A estación de tren de Lugo contará con un destes aparcadoiros seguros. 

As entidades acaban de adxudicar o contrato de arrendamento de espazos en 18 estacións de Adif e 24 de Adif AV/AV para a instalación, mantemento e explotación de aparcamentos seguros de bicicletas, por un período de dez anos, á Unión Temporal de Empresas (UTE) integrada por FCC Medio Ambiente, Don Cicleto e Benito Urban. Para o seu desenvolvemento, a UTE realizará un investimento próximo a 850.000 euros.

Os aparcamentos que se instalarán responden o modelo Bicihangar Rocket -deseñado, desenvolvido e fabricado por Don Cicleto e Benito Urban-, preparado para un uso intensivo que, ademais, protexe as bicicletas das condicións climatolóxicas adversas, o roubo e o vandalismo.

Este tipo de aparcamento modular, pechado e cuberto ocupa a metade dunha praza de coche e ten un baixo impacto visual pola súa limitada altura (inferior a 1,5 m). Ademais, o modelo é sostible e autónomo enerxéticamente ao alimentarse coa enerxía fotovoltaica que carga as baterías, polo que a súa instalación non require obra civil nin conexión á rede eléctrica.

Cada localización ofrecerá capacidade para polo menos seis bicicletas e disporá ademais de catro unidades do modelo de aparcamento ‘U invertida’, de carácter gratuíto. En función do comportamento da demanda, está previsto aumentar a capacidade das instalacións.

Os aparcamentos que se implantarán nas estacións de Adif dispoñerán dun sistema intelixente de apertura. Así, o control de acceso realizarase desde a app de rexistro e reserva de praza, a través dunha conexión segura Bluetooth entre o teléfono e a fechadura electromecánica, evitando así a xestión de chaves físicas e minimizando o consumo enerxético.