Skip to main content
Lugo

Dúas empresas internacionais interesadas nas novas tecnoloxías da Aula de Produtos Lácteos

Por 20 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Unha delegación empresarial integrada por representantes da firma galega PSV, a portuguesa Jerónimo Martins e da angoleña Agro Amboim visitaron este xoves as instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC co dobre obxectivo de coñecer novas tecnoloxías implicadas nos procesos de transformación e desenvolvemento de novos produtos de base láctea, e de estudar posibles colaboracións para implementar estes procedementos nos seus respectivos países de orixe.

Os técnicos da APLTA Luís Aldeanueva e Laura Abuín acompañaron aos empresarios durante a visita polas instalacións da planta piloto, ao tempo que explicaron ás tres
empresas cales son as principais tecnoloxías implicadas nos procesos de transformación do leite para avanzar na elaboración de diversos produtos lácteos de valor engadido que poden resultar de interese para os proxectos de crecemento e expansión empresarial destas firmas de Portugal e Angola.

Unha vez completado percorrido polas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentairas da USC e logo de coñecer as múltiples posibilidades que ofrece a produtos e empresas esta plataforma tecnolóxica do Campus Terra, os representantes da angoleña Agro Amboim Carlos Pinheiro e Antonio Miguel Frederico manifestaron o seu interese en establecer colaboracións coa APLTA. A pretensións destes empresarios pasan polo feito de que a súa empresa poida realizar ensaios de varios produtos na
planta piloto do campus lugués, ademais de que reciba asesoramento técnico e científico respecto do escalado dos procesos para a posible elaboración de iougres, batidos, queixos…

A empresa angoleña Agro Amboim, representada hoxe polos seus fundadores Carlos Pinheiro e Antonio Miguel Frederico, posúe na actualidade unhas 1.000 cabezas de gando vacún e dedicase ao envasado e comercialización de leite pasteurizado como
actividade única.

Agro Amboim atópase en pleno proceso de transformación e está a ampliar as súas liñas de negocio mediante a elaboración de produtos de base láctea, tales como iogures ou queixos. Nesta nova fase de expansión, a empresa angoleña conta xa co asesoramento
da consultora galega PSVet, cuxo director Xeral, Iván Cid, tamén participou hoxe na visita ás instalacións da APLTA, así como do grupo empresarial luso Jerónimo Martins, representado Jose Guimaraes. A empresa angoleña, segundo manifestaron os seus
fundadores, pretende agora incoporar a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentairas do Campus Terra da USC ao seu abano de colaboradores.