Skip to main content
Lugo

Aprobada a licitación do contrato para renovar os asentos do Pazo dos Deportes

Por 20 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Aprobado o procedemento de contratación da renovación dos asentos do Pazo dos Deportes segundo anunciou o deputado de Deportes Efrén Castro informou da. A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o procedemento de adxudicación e o prego de claúsulas para contratar a subministración, instalación e montaxe de 2.100 asentos pregables , cun importe orzamento base 171.157 euros.

O anuncio publicarase na Plataforma de Contratos do Sector Público para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.

A instalación dos novos asentos permitirá renovar completamente as bancadas supletorias, mellorando a confortabilidade de usuarias e usuarios e dando un aspecto homoxéneo ás gradas. O deputado Efrén Castro sinalou que “tal e como nos comprometemos, coa licitación da renovación dos asentos, seguimos avanzando na mellora e modernización do Pazo, despois de renovar nos últimos meses a iluminación, con sustitución das luminarias antigas por outras de tecnoloxía LED, que melloraron a eficiencia enerxética e a iluminación da pista tanto para público como para as retransmisións televisivas”

O responsable provincial lembrou tamén que a área de Deportes segue a traballar tamén na tramitación dos contratos para completar as melloras previstas no Anexo, coa renovación do pista e a instalación de vestiarios.