Skip to main content
Lugo

A Escola Lucense de Tiro con Arco acada bos resultados nun torneo esta fin de semana

Por 30 Xaneiro, 2023Xaneiro 31st, 2023Sin comentarios

O Club Escola Lucense de Tiro con Arco ven de participar esta fin de semana no I Torneo de tiro con arco Concello de Mugardos organizado polo club deportivo Arqueiros do Adarve.

Neste torneo sete membros do club lucense acadaron postos de podio obtendo os seguintes resultados. Na categoría Prebenxamín home Áxel Fernándex Arias acadou un primeiro posto con 314 puntos o mesmo que Xiana Blakue Vites na categoría Benxamin muller cun total de 277 puntos.

Na categoría Infantil muller Alba Lourés Martínez acadou un segundo posto con 166 puntos mentres que Brais López Neira quedou terceiro na categoría Infantil gome con 216 puntos.

Ana Villar Fernández e Fon Villamiel acadaron o segundo posto nas categorías Senior muller e home con 277 e 289 puntos respectivamente. E na categoría Novel muller o primeiro posto foi para Celia Sánchez Mateos cun total de 287 puntos.