Skip to main content
Lugo

O PP lamenta que se atrase de novo a licitación do proxecto para o novo pavillón

Por 30 Xaneiro, 2023Xaneiro 31st, 2023Sin comentarios

O Partido Popular critica que se atrase de novo a licitación da redacción do proxecto para o novo pavillón multidisplinar debido a que “a mesa de apertura de ofertas para os pregos de licitación da redacción do proxecto, programada para o 3 de xaneiro deste ano, tivo que suspenderse por falta de cuorum”.  “Vemos como ata as xestións administrativas máis simples e rutinarias son capaces de enredalas ata o punto de bloquear calquera tipo de tramitación administrativa”, lamentan os populares.

“O novo pavillón multidisplinar de Lugo segue a ser unha quimera, o que demostra que Lara Méndez nunca tivo intención de dotar a Lugo desta tan necesaria infraestrutura deportiva”. Para Mar Carballas queda clara “a reticencia do goberno de Lara Méndez para que Lugo conte con esta nova dotación deportiva” xa que “seguen dilatando” a súa execución. Un novo revés que “se suma ao que se coñeceu hai pouco máis dun mes de que o custe de edificar este inmoble aumentaba un 40%, chegando aos 4.233.306 euros”.

A concelleira popular sinala tamén que “aos pregos de licitación da obra presentáronse dous recursos de reposición, un do Colexio de Arquitectos e outro do Colexio de Enxeñeiros”.