Skip to main content
Lugo

O PP insiste en renovar a rede de abastecemento de auga do Ceao

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular pide “proceder á renovación da rede de augas do Ceao que, case dous anos despois do devastador incendio, segue sen ter solucionados os problemas de presión de auga do polígono que no seu momento puxeron en serias dificultades aos bombeiros para poder extinguir as lapas”.

Ante esta situación, Antonio Ameijide, amparándose nos informes municipais sobre o incendio ve “imprescindible esta renovación  xa que se especificou que a presión de auga nas rúas onde tivo lugar o lume era unha cuarta parte da que había noutros puntos do polígono (de entre 0.6 e 0,8 kg/cm2), mentres que, por exemplo, na rúa dous Carpinteiros, á carón da ITV hai unha presión de 3,8 kg/cm2”.

Para o popular “cómpre realizar esta renovación o máis axiña posible e pide ao goberno que deixe de ampararse na escusa que dan sempre para sortear este problema coma que non existen queixas de industriais e que non é unha zona na que se produzan avarías”. Antonio Ameijide ve esto coma “un intento de minimizar un problema grave que preocupa aos industriais da zona despois da situación vivida”.

Dende o PP advirten que “no caso de que o goberno local precise aumentar directamente a presión de auga para actuar nun posible incendio na zona existe o risco, nunha porcentaxe moi elevada, de sufrir rebentóns ou roturas na rede xa que as tubarias son moi antigas, de fibrocemento, polo que moitas delas xa superaron con creces a súa vida útil”.