Skip to main content
Lugo

O BNG levará a pleno unha moción para revisar o trazado da Rolda Leste

Por 31 Xaneiro, 2023Febreiro 1st, 2023Sin comentarios

O BNG levará ao vindeiro pleno do Concello unha moción para que se revise o trazado da Rolda Leste, o actual presentado a Xunta foi cuestionado por diversos colectivos e asociacións xa que “non ten en conta a repercusión sobre o paseo do Rato”. O tenente de alcalde cuestionou tamén o “esforzo económico que supón executar esta infraestrutura para aforrar 3 minutos nun suposto percorrido ata o HULA”.

“Estamos mantendo xuntanzas con diversos colectivos que nos expresan a súa preocupación” manifestou o voceiro do BNG Rubén Arroxo que tamén engadiu que “o debate está aberto e temos claro que a necesidade deste vial é moi relativa e afectará aproximadamente a 1 km de carballeiras no entorno do río Rato e por tanto afectará dunha forma severa á periferia da cidade de Lugo”.

Dende o BNG piden a Elena Candia posicionarse con respeto ao trazado da Rolda Leste “en Lugo debería saberse se a candidata do PP, que está desaparecida deste debate, aposta por defender o parque do Rato ou por crear outro garañon sobre unha das zonas máis sensibles da cidade” dixo Rubén Arroxo

A Xunta pretende a construción deste vial con 2,8 km entre a LU-530 e a N-VI, trátase de dúas calzadas de dous carrís, con mediana de separación entre eles, e importantes estruturas na execución do seu percorrido que afectarán as carballeiras do río Rato e tamén á parroquia de Bosende. Pretendese pechar un cinto de circunvalación de Lugo que, en moitos casos, duplicará os actuais  accesos cara ao hospital Lucus Augusti.

O obxectivo é aprobar na primavera de 2023 o expediente de información pública e o proxecto de trazado, convocar no outono os actos expropiatorios, e ao tempo traballar no proxecto de construción para, finalmente, proceder á licitación das obras da Rolda Leste.