Skip to main content
Lugo

Organizan unha xornada para dar a coñecer o programa ‘Responsabilízate’ o vindeiro xoves

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) convocan unha xornada informativa sobre o programa Responsabilízate, que ten en marcha a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para reforzar as súas políticas de responsabilidade social.

Trátase dun plan de asesoramento gratuíto para que as empresas superen con éxito os retos medioambientais, sociais ou de xestión aos que se enfrontan, o que repercutirá na mellora da súa competitividade. Oito empresas da provincia de Lugo participan na actual convocatoria, que está en marcha ata o mes de xullo.

O obxectivo da xornada é reforzar o coñecemento desta iniciativa entre os empresarios, especialmente pemes, autonómos ou emprendedores, a través dunha xornada aberta que terá lugar na sede da CEL, situada na praza de Santo Domingo, este xoves, 2 de febreiro, entre as 12.00 e as 14.00 horas; é precisa inscrición previa, que pode realizarse online na web da organización empresarial.

Na sesión intervirán Jaime López, secretario da CEL; Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta; Daniel Domínguez, xerente da consultora Valora e coordinador do programa Responsabilízate; José Luis Madrid, CEO de Sicasoft Solutions; Luis García, CEO de Garmir Mantenimiento y Servicios Industriales, e Amalia Fernández, asesora legal de Pescados Rubén.