Skip to main content
Axenda CaducadaNavia de Suarna

O teatro afeccionado chega este venres a Navia

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nova tempada, fará a súa parada este venres 6 de xaneiro na Proba de Navia.

A Asociación Cultural Abrente das Nogais representará a obra O tío Ripias. A actuación será ás 20.30 horas no Bar Suarna.

A obra conta a historio do tio Ripias, que é tan agarrado que pensa que a luz da farola está mellor alumeando á súa casa que á rúa. Para el as modernidades están de máis, ben pode pasar sen elas.

E que dicir de gastar un peso en amañar a casa, as perras son pra gardalas. Pero xa se sabe o que di o refrán, o que non bebe viño nin fuma tabaco, o demo llo leva por outro buraco. E o certo é que ao tio Ripias non lle vai faltar quen lle limpe os petos.