Skip to main content
Portomarín

Portomarín recibe a unidade móbil de Coidados porta a porta en febreiro

Por 14 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Portomarín contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 7, 8 e 9 de febreiro. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado na praza do Camiño da localidade, segundo informa o Goberno local.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).