Skip to main content
Axenda CaducadaRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Arranca en Rábade o San Vicenzo e a Festa do Mexillón

Por 20 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Trala pausa do ano 2021 por mor da pandemia e o aprazamento da do 2022, este ano volve a Festa de Exaltación do Mexillón a Rábade pero faino na súa data habitual, coincidindo coa celebración de San Vicenzo.

As festas arrancan hoxe, día 20, co lanzamento de vésperas no día do voluntariado. Xa o sábado e o domingo serán os días días grandes nos que todos os veciños e visitantes poderán desfrutar de múltiples e exquisitas preparación en todos os locais da vila. Ademais, 0 domingo será tamén día de feira.

Ademais, haberá o sábado estoupido de bombas pola mañá para continuar coa sesión vermú ás 13.30 horas coa orquestra Solara, que repetirá na verbena xunto a actuación de América.

Esta festa coincide coa celebración do Memorial Eduardo Fernández Villamarín, que se celebra tamén o sábado na que é a XVII edición.

O domingo repetirán programa con estoupido de bombas e misa solemne, nesta ocasión ás 13.00 horas. Ao rematar, chegará a Rábade o grupo Puro Relajo, dende Pamplona, que actuará como fin de festa. Haberá bombas de palenque e polbo á feira como colofón.