Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXABóveda

O Concello de Bóveda recibirá o servizo ‘Coidados porta a porta’ en febreiro

Por 21 Xaneiro, 2023Xaneiro 24th, 2023Sin comentarios

‘Coidados Porta a Porta’, o programa de servizos para as persoas maiores de 55 anos da Xunta de Galicia, estará no concello de Bóveda durante o mes de febreiro, os días 20, 22 e 23.

Unha unidade móbil desprazarase á localidade e instalarase na Praza da Filgueira para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.

Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623546992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.