Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAChantada

Volve o Entroido Ribeirao a Santiago de Arriba, en Chantada

Por 24 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 5 de febreiro comeza o Entroido Ribeirao o 2023 que se celebra en Santiago de Arriba, en Chantada.

Os tres primeiros domingos de febreiro terán lugar actividades nesta parroquia de Chantada co fin de ser a antesala do Entroido, que se celebrará o martes, 21 de febreiro.

Así, o primeiro domingo de febreiro, o 5, celebrarase o Domingo Lambedoiro a partir das 16.00 horas, no que haberá pasarrúas coa Asociación Fulións Rurais Viana do Bolo, tamén vira o Oso de Salcedo y Troteiros de Bande.

Pola súa parte, os seguintes dous domingos será o Domingo Corredoiro, o 12, e o Domingo de Entroido, o 19.

O martes 21, Martes de Entroido, terá lugar a festa grande do Entroido, que se celebrará en Chantada con diversas sorpresas.