Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

Coureleando e Casa Ferreiro organizan unha dobre ruta por Folgoso do Courel

Por 30 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Casa Ferreiro conxuntamente con Coureleando organiza unha ruta guiada polo técnico Guillermo Díaz que durará dous días, o 11 e 12 de febreiro.

A ruta  comezará o sábado 11 e será a ruta do río pequeno. Sairase desde a parroquia de Seoane, de Folgoso do Courel, ás 10.00 horas, continuando pola Ferrería Nova, Mercurín, Castro de Brío, Paderne, Cabanas de Miraz e de volta a Seoane.

Ao rematar a ruta, os participantes durmirán en Casa Ferreiro para ao día seguinte, o domingo 12, percorrer a ruta dos sequeiros de Mostaz. Sairán ás 9.30 horas cara a ponte de covas para ver unha pequena mira romana, o camiño Esperante para logo enlazar na ruta dos sequeiros de Mostaz.

O prezo da excursión é de 75 euros por persoa que inclúe a cena do sábado, a estancia, o almorzo do domingo e a guía polas rutas a cargo de Guillermo Díaz.

Para reservar praza e desfrutar desta actividade, hai que contactar co número 611 123 394.