Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

A VI edición Cantos de Taberna terá lugar o vindeiro 18 de marzo

Por 29 Xaneiro, 2023Febreiro 1st, 2023Sin comentarios

O vindeiro 18 de marzo terá lugar a VI edición de Cantos de Taberna que se celebrará en Quiroga.

Este evento ten o obxectivo de recuperar a música tradicional e xa está aberto o prazo para que os grupos interesados en participar se inscriban.

Para que se leve a cabo esta actividade, precísase un mínimo de seis grupos musicais e que cada un conte cun mínimo de cinco integrantes.

Cada grupo contará con 150 euros para que gasten nos establecementos aos que acudan. Os establecementos participantes, pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Unha vez aberto o prazo de inscrición, a organización poñerase en contacto cos establecementos hostaleiros da vila que queiran participar para pechar o número de locais participantes no prazo dun mes.

Os grupos terán un prazo máis amplo, pois a súa inscrición gratuíta estará aberta ata o 13 de marzo na Casa da Cultura (982 435 125).

Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do recorrido. A actuación en cada establecemento rondará a media hora e rematarase sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona dos pubs.