Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Xa están á venda as entradas para o Festival Ribeira Sacra que se celebrará en xullo

Por 28 Xaneiro, 2023Xaneiro 29th, 2023Sin comentarios

O 17º Festival Ribeira Sacra celebrarase os vindeiros 28, 29 e 30 de xullo e xa están á venda as entradas.

Música, viño, patrimonio e gastronomía son os piares do festival de música indie que se celebra cada ano na nunha das paraxes naturais máis fermosos de Galicia: a Ribeira Sacra.

Ademais de poder escoitar música en directo, os asistentes tamén poderán gozar do viño, da gastronomía local e do patrimonio natural da zona.

Neste evento poderanse atopar concertos na natureza, catas, directos na adega, visitas guiadas, roteiros, música no catamarán, foodtrucks, cociña de autor, artesanía vitivinícola e máis cousas que se irán desvelando.