Skip to main content
Bóveda

O Concello de Bóveda terá servizo móbil de 4G e 5G

Por 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Nestes días está a ter lugar a activación da rede móbil de nova xeración 4G e 5G no Concello de Bóveda a través da empresa Llega 700, que implanta novos servizos de 4G e 5G nos municipios.

A implantación destes servizos realízase sobre bandas de 700 e 800 MHz e pode pasar que o sinal da televisión se vexa afectada por interferencia, polo que se pode contactar coa empresa ao longo dos próximos 6 meses a través de e-mail (ayuda@llega700.es) ou teléfono (900 833 999).

A entidade xestora do servizo de TDT Llega 700 realizará revisións gratuítas despois de implantar os servizos móbiles de 4G e 5G.