Skip to main content
Folgoso do Courel

O Xeoparque do Courel contará coa axuda da Deputación para avaliar os danos dos incendios

Por 4 Xaneiro, 2023Xaneiro 5th, 2023Sin comentarios

A Deputación de Lugo, a través do seu presidente, José Tomé Roca; firmou un convenio de colaboración co presidente da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro, no que se deixa constancia da colaboración en ambas as dúas entidades para impulsar o territorio.

Así, a Deputación comprométese a achegar 25.000 euros que permitirán a elaboración dun estudo sobre os efectos dos incendios ocasionados en setembro de 2022 e como afectaron aos minerais e á estrutura nesta zona protexida.

Concretamente, a colaboración da Deputación permitirá á entidade recoller toma de mostras sobre o terreo, a súa análise en laboratorio e, posteriormente, a publicación dos resultados do estudo en base a datos analíticos para avaliar os efectos producidos no patrimonio xeolóxico a consecuencia da vaga de lumes que devastaron a área de Rairos e a Montaña do Lor.

Outas actuacións

Outra das iniciativas que se levarán a cabo con esta iniciativa é a elaboración dun cálculo das reservas de carbono presente no chan da Devesa da Rogueira; e obter información de interese xeolóxico sobre Paradela, Val das Mouras e a Lagoa de Lucenza.

José Tomé valorou a importancia deste territorio para “achegar á provincia de Lugo turistas que buscan natureza e destinos tranquilos e non masificados, ademais de persoas interesadas na xeoloxía que cada ano atrae a máis visitantes”. Explicou tamén que con esta colaboración, a Deputación de Lugo “mellorará a promoción turística e a visibilidade deste primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España distinguido pola UNESCO”.